Test de Relatividade 5

1.

Dous sucesos que ocorren no mesmo instante en dous lugares diferentes son simultáneos para:

 

a)

Un observador que se move cunha velocidade v cara aos dous sucesos.

 

b)

Un observador fixo, situado no punto medio dos dous sucesos

 

c)

Para un observador situado nun sistema inercial que se mova cunha velocidade -v

2.

Unha barra de 1 m de longa móvese paralelamente á súa longitude cunha velocidade v, respecto a un observador que consideramos en repouso. Para este observador la lonxitude da barra será:

 

a)

menor

 

b)

maior

 

c)

igual

3.

A experiencia de Michelson e Morley demonstra:

 

a)

Que a velocidade da luz no baleiro depende do sistema inercial dende que se emite.

 

b)

Que a velocidade da luz medida por un sistema inercial é sempre a mesma se se mide na dirección das X

 

c)

Que a velocidade da luz medida por un sistema inercial é a mesma en todas as direccións.

4.

Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións no marco da Teoría Especial da Relatividade:

 

a)

Dous irmáns teñen a mesma idade. As 15 horas do día 3 de Maio de 1999 un irmán fai unha viaxe cunha velocidade próxima a da luz e despois de certo tempo regresa. No día 7 de Setembro de 2000, ás 19 horas, chega á Terra: "as 20 horas do día 7 de Setembro de 2000 o astronauta ten maior masa que o seu irmán que estivo na Terra".

 

b)

Dous sucesos que son simultáneos para un observador e que acontecen no mesmo punto son simultáneos para outro observador que se move cunha velocidade V respecto do outro.

 

c)

Dous irmáns teñen a mesma idade. As 15 horas do día 3 de Maio de 1999 un irmán fai unha viaxe cunha velocidade próxima a da luz e despois de certo tempo regresa. No día 7 de Setembro de 2000, ás 19 horas, chega á Terra: "as 20 horas do día 7 de Setembro de 2000 o astronauta é mais estreito que o seu irmán que estivo na Terra".

5.

Un electrón (carga -1.602·10-19 C, e masa de 9.11·10-31 kg)  parte do repouso e é acelerado cunha diferencia de potencial de 107 V. A súa enerxía total despois de ser acelerado será:

 

a)

1050 MeV

 

b)

250 MeV

 

c)

10 MeV

6.

A enerxía expresada en quilogramos do electrón anterior despois de ser acelerado será:

 

a)

1.78·10-28 kg

 

b)

1.87·10-29 kg

 

c)

1.78·10-29 kg

7.

Cando nos acercamos no baleiro a unha luz cunha velocidade v, a velocidade da luz segundo nós é:

 

a)

Maior que 300000 km/s

 

b)

Menor que 300000 km/s

 

c)

Igual que 300000 km/s

8.

A teoría Especial da Relatividad afirma:

 

a)

Que todo é relativo

 

b)

Que o espacio é absoluto e o tempo non.

 

c)

Debemos sustituir a idea do espazo absoluto por un novo concepto de espacio-tempo absoluto.

9.

A masa que mide un observador que se move con ela chámase:

 

a)

Masa propia

 

b)

Masa en movemento.

 

c)

Simplemente masa, xa que és a mesma para calquera observador.

10.

Poderíamos aproveitar os campos gravitatorios das estrelas para usalas como lentes converxentes.

 

a)

Verdadeiro

 

b)

Falso

 

c)

Depende da masa da estrela