Test de Relatividad

1.

Dous sucesos que ocorren no mesmo instante en dous lugares diferentes son simultáneos para:

 

a)

Un observador que se move cunha velocidade v cara aos dous sucesos.

 

b)

Un observador fixo, situado no punto medio dos dous sucesos

 

c)

Pa un observador situado nun sistema inercial que se mova cunha velocidade -v

2.

Unha barra de 1 m de longa móvese paralelamente á súa longitude cunha velocidade v, respecto a un observador que consideramos en repouso. Para este observador la lonxitude da barra será:

 

a)

menor

 

b)

maior

 

c)

igual

3.

A experiencia de Michelson e Morley demonstra:

 

a)

Que a velocidade da luz no baleiro depende do sistema inercial dende que se emite.

 

b)

Que a velocidade da luz medida por un sistema inercial é sempre a mesma se se mide na dirección das X

 

c)

Que a velocidade da luz medida por un sistema inercial é a mesma en todas as direccións.

4.

Un reloxo nun sistema de referencia inercial o' en movemento respecto dun sistema O considerado en repouso vai:

 

a)

Máis lento que no sistema de referencia O.

 

b)

Máis rápido que no sistema de referencia O.

 

c)

Igual de rápido porén temos a sensación que anda máis devagar.

5.

Se a enerxía dunha partícula en repouso é de 800 Mev e nun determinado instante a súa enerxía é de 1050 MeV, a enerxía cinética da partícula é:

 

a)

1050 MeV

 

b)

250 MeV

 

c)

1850 MeV

6.

1 MeV é a enerxía equivalente a:

 

a)

1000000 J

 

b)

Un millón de 1.602·10-19 J

 

c)

A dun fotón estándar

7.

Cando nos acercamos no baleiro a unha luz cunha velocidade v, a velocidade da luz segundo nós é:

 

a)

Maior que 300000 km/s

 

b)

Menor que 300000 km/s

 

c)

Igual que 300000 km/s

8.

A teoría Especial da Relatividad afirma:

 

a)

Que todo é relativo

 

b)

Que o espacio é absoluto e o tempo non.

 

c)

Debemos sustituir a idea do espazo absoluto por un novo concepto de espacio-tempo absoluto.

9.

A masa que mide un observador que se move con ela chámase:

 

a)

Masa propia

 

b)

Masa en movemento.

 

c)

Simplemente masa, xa que és a mesma para calquera observador.

10.

O campo gravitatorio dun planeta pode desviar un raio de luz.

 

a)

Verdadeiro

 

b)

Falso

 

c)

Depende da masa do planeta.